You are currently browsing the category archive for the ‘Máis cousas’ category.

Ir na furgoneta con Mourente é sentir como sóbe a agulla no marcador do optimismo; é poder falar de lingüística medieval e de porno guarro; é recordar vellos tempos e descubrir cousas novas; é comprobar con datos que a cousa pinta mal e, ao tempo, buscar solucións prácticas e imaxinativas; é facerlle a falsada de obrigalo a subir ao escenario a cantar unha canción sen previo aviso e diante da súa familia e que acabe dándoche as gracias; é vitamina contra os que temos tendencia ao ludismo; é, tamén, acabar de tocar e atopar dous pisos de pizza esperando detrás do escenario. Ir na furgona con Mourente é un gusto!

E nós repetimos pracer esta semana, nunha nova tirada de Detrás da canción:

Venres 21: TUI

Obradoiro: Telecentro, Área Panorámica, 18.00h. Concerto: Sala Área Panorámica, 20.00h.

Sábado 22: PADRÓN

Obradoiro: Aula de informática do Centro Social, 18.00h. Concerto: Auditorio do Centro Social, 20.00h.

Domingo 23: MARÍN

Obradoiro: Telecentro, Biblioteca, 18.00h. Concerto: Salón de Actos da Biblioteca, 20.00h.

Probas no Auditorio de Lalín

Venres 21: TUI

Obradoiro: Telecentro, Área Panorámica, 18.00h. Concerto: Sala Área Panorámica, 20.00h.

Sábado 22: PADRÓN

Obradoiro: Aula de informática do Centro Social, 18.00h. Concerto: Auditorio do Centro Social, 20.00h.

Domingo 23: MARÍN

Obradoiro: Telecentro, Biblioteca, 18.00h. Concerto: Salón de Actos da Biblioteca, 20.00h.

Un grupo imprescindible, L’uomo di Gomma, e un sitio imprescindible, o Bar Tolo (Fonte de San Miguel, 8, Santiago DC). Pode haber mellor plan para a noite do martes? Alí nos vemos, mañá ás 21.00 horas.

Empezamos o 2011 con vídeos:

Neste de aquí podedes ver as dúas cancións que fixemos hai algo máis dun ano no Beatles Revolver, a homenaxe aos máis grandes que se fixo na Sala Capitol de DC. Arrancamos con Please, please me e rematamos montando unha bulla do quince con Helter skelter, que quedou moi ben.

– E nestoutro está parte da despedida do ano o pasado venres 31 en Radio Galicia – Cadena Ser, con César Carracedo no micro, Manel Pardo na cámara e Miguel Varela ao son (todos eses nomes que sabemos de carrerilla os que prendemos a radio ás 7 da mañá e non a apagamos ata a noite: unha honra!).

Mañá martes 4 estamos no Multiusos da Xunqueira de Redondela con Detrás da canción. Ademais de asistir ao curso de música caseira de Projecto Mourente (18.00) e de escoitar o noso concerto (20.00), os que veñades poderedes dar testemuña dalgunha das resacas máis longas da historia. Dígoo polo silencio sospeitodos dalgúns que ou morreron no intento ou aínda están coa bolsa de xelo encima da cabeza…

Hai alguén aí?

Repasando no noso blog (si, aínda temos diso, aínda que sexa tan antigo coma pintar bisontes nas paredes) as entradas correspondentes ao 2010 que remata parece mentira que nos pasasen tantas cousas. Desde logo, nós non o esperabamos. Nos últimos doce meses tivemos de todo, a saber:

– Un cambio de local de ensaio, despois de que o anterior o levase por diante o progreso (o AVE, non o de Lugo).

– Un monte de concertos de presentación da Cuarta potencia.

– Varias visitas ilustres (coma esta dos Nueva Vulcano ou estoutra dos Vistalegre), coas súas festas correspondentes.

– Algunhas críticas que nos fixeron sentir moi orgullosos e outras que nos fixeron rir, entrevistas que nos fixeron sentir gratitude, programas de televisión nos que se acordaron de nós (coma este), e mesmo un libro no que saímos (disque tamén nos citan nun libro de texto de Primaria…)

Aniversarios que pasaron desapercibidos, homenaxes nos que participaríamos mil veces e o noso quinto cumpreanos, que celebramos con versións e unha gomaza histórica.

Debuts acojonantes como L’Uomo di Gomma, o supergrupo xurásico no que toca o baixo Roi.

– Un karaoke no que aparece o noso ‘Calamar’ e un recopilatorio de rock compostelán, Come on Pelegrín, no que sae o ‘Tigre, tigre!

– O Rock en Costa, por suposto!

– O inicio de Detrás da canción, un proxecto en acústico que nos levará por cincuenta localidades galegas de aquí a maio (levamos vinte, máis ou menos), e que nos está abrindo un camiño de guitarras acústicas, trebellos simpáticos e electrónica doméstica que non dubidedes que aproveitaremos para as cancións que veñan no futuro, se é que veñen (as cancións e o futuro).

– E, de postre, un concerto en Varsovia con nevada histórica incluída, unha desas cousas que se recordan toda a vida.

Moitas gracias a todos e a todas os que nos viñestes ver, ou nos levastes tocar, ou nos visitastes, ou nos apreciastes aínda que fose un pouquiño neste 2010. Que teñades un 2011 menos apocalíptico do que se anuncia por aí. E recordade: queredes a goma, pero a goma págase.

 

Seguimos adiante con Detrás da canción. Esta fin de semana estaremos en versión acústica en Lugo, Verín e Xinzo de Limia. Antes, como sabedes, Carlos Valcárcel, de Projecto Mourente, dará un curso exprés para facer música na casa.

DETRÁS DA CANCIÓN en LUGO
Obradoiro: Telecentro, 18.00h.
Concerto: Casa da Música, 20.00h.

DETRÁS DA CANCIÓN en VERÍN
Obradoiro: Telecentro, Casa da Xuventude, 18.00h.
Concerto: Casa da Cultura, 20.00h.

DETRÁS DA CANCIÓN en XINZO DE LIMIA
Obradoiro: Telecentro, Casa da Cultura, 18.00h.
Concerto: Salón de actos, Casa da Cultura, 20.00h.

E na ronda de amigos, o que pasa esta semana é que o xoves Charades dan en Madrid o seu último concerto nunha boa temporada. Dános moita pena! Ademais, o venres estarán aquí, na Capitol de Santiago DC, os Nueva Vulcano, con The New Raemon e Joan Colomo (vaia colección de másters!), nunha festa de BCore. Parece que, despois de tres anos de insistencia, Tule vai por fin visitarnos, aínda que ata que non o vexamos non o creremos.

Perdoade a falta de noticias; nada máis aterramos (de milagro, o pollo dos controladores cazounos nada máis saír do avión) de Varsovia, xa nos puxemos coa semana fantástica de Detrás da canción, a saber: onte luns estivemos en Chantada, hoxe en Sarria (desde onde escribo) e mañá en Quiroga. O xoves libramos, e venres, sábado e domingo pasaremos por Ourense, O Carballiño e Celanova, respectivamente.

Temos gana de contarvos moitas cousas da nosa viaxe a Polonia, e agora mesmo pouco tempo. Quede apuntado xa o noso agradecemento eterno a Ana Garrido, lectora de galego na Universidade de Varsovia, sen quen nunca teriamos chegado tan lonxe, no xeográfico e no figurado. E tamén a nosa admiración por xente coma Abel, vigués-polaco que en tres meses sairá en chancletas á neve; ou Ana Somoza, a anterior lectora, que nos subiu ao pico mesmo do Palacio das Artes e das Ciencias (a casa da cultura da Diputación de Varsovia); ou Tomek, Aitor e toda a xente que coñecimos e que tivo o valor para vir vernos ao Saturator nunha noite de tranvías avariados, metro de neve e 20 graos baixo cero no exterior.

En breve, fotos e historias (esperamos).

Ah! Xa tedes Tea party, o primeiro EP de L’Uomo di Gomma, no Bandcamp. Enjoy!

L’uomo di Gomma estarán mañá xoves, ás nove e media, na Sala Capitol de Santiago DC, celebrando o aniversario de Opachavales.com, con bandas como Fluzo, Metralletas Lecheras e Tetra&Freek. Unha boa alternativa mentres se espera polo seu triunfante primeiro EP, a punto de saír do forno.

O rocanrol galego ten novos reis, L’uomo di gomma. Se o venres non fostes velos debutar en Santiago DC, tedes dúas opcións: unha, rasgarvos as vestiduras por térvolo perdido (foi enorme, enormísimo); a outra, esperar uns días a que colguen no seu Bandcamp as cancións que rexistraron, first take, a mañá despois, aínda na goma.

É que se non vos enterastes é porque non andades ao que hai que estar… Mañá venres debutan L’Uomo di Gomma en La Radio, Santiago DC, e se volo perdedes vades estar chorando de rabia o resto da vida… Avisados!

Escapade de DC, que aínda habedes levar uns paos aproveitando que nos visita o apóstol da ignorancia… Se non tedes ánthrax que botar mañá sábado no Obradoiro, podedes vir comer, bailar e idear plans de catolicidio ao Camiño a Teo, en Solláns, Calo. Toda a información, aquí.