11188157_1410877945900834_5870582575821015878_n
Nós, que sempre lle demos moito ao do humor de mal gusto, dicimos habitualmente que a última vez que se nos ocorreu isto descarrilou un tren. En todo caso, séguenos picando algo dentro, séguenos apetecendo e, como din Os da Ría, a nós que nos custa. Así que o próximo venres 12 de xuño vamos xuntarnos os catro The Homens para facer un concerto, só un e nada máis que un, na Sala Capitol de Santiago D.C.
Vamos facelo con todas as súas consecuencias, arramplando cun repertorio de oldies e de zurra estrema, en formación de a catro, con Tomás Ageitos aos mandos técnicos e outra vez coas zamarras de raias. Tocaremos canda a The Lost Omelette Makers, unha honra, e as entradas custan 8 euros a anticipada e 10 na billeteira.
O artífice desta liada é Manuel, vocalista barbú da Familia Caamagno. Foi el o que convenceu a Xocas para virse desde Barcelona a preparar o bolo; o que logrou sacar a Cristovo da súa plácida vida no Porriño; o que atopou a servidor, Wu, debaixo da pedra na que se escondera. A Roi, coma sempre, non fixo falta moito para enredalo.
É o noso primeiro concerto en Compostela en case catro anos. A última vez foi no Rock en Costa de xuño de 2011. Despois aínda tocamos algunha vez máis; a última, en Cardiff, non 2012.
A nós parécenos que vai ser divertido.
Advertisements