You are currently browsing the monthly archive for Abril 2011.

Homem (letrista habitual): Para este disco prometo rimas en asonante; esta é unha excepción, para arrancar.

Outro homem (barbudo e escéptico, lendo a letra en cuestión, outra máis con versos rematados en ‘ar’ e ‘er’): Como che gusta rimar.

Hoxe recuperamos o bo hábito que teñen algúns grupos de ensaiar. E con cancións novas e ata optimistas!

Un homem (digamos que percusionista) a outro homem (letrista habitual): Podíamos ordenar as cancións do disco pola terminación das rimas: na cara A as da primeira e segunda conxugacións, e na B as da terceira e as que fas que acaban en ‘on’.

O amigo Xesús Fraga publica hoxe en La Voz de Galicia unha reportaxe na que algúns músicos destas latitudes (entre eles Xurxo Souto, Carlos MourenteWu) se declaran escépticos sobre a posibilidade de que chegue a haber uns Manel galegos. Optimismo a tope!