Señora que canta nunha praza, acompañada doutra señora e de dous anciáns, cancións de misa e o himno da Armada, ante a visión de tres dos Homens realizando proezas futbolísticas cun balón de gomaespuma: A estes o que lles facía falta é facer a mili.

A próxima fin de semana estamos en Abegondo, o venres, e en Guitiriz, o domingo. Nunca tocamos en ningún dos dous lugares, así que nos apetece ben!

Venres 29: ABEGONDO

Obradoiro: Telecentro, rúa San Marcos s/n. 18.00h. Concerto: Salón de Actos do Concello, 20.00h.

Domingo 1: GUITIRIZ

Obradoiro: Telecentro-Aula Guitiriz. 18.00h. Concerto: Casa Habanera, 20.00h.