O outro día en Brión dixéronnos unha das mellores da nosa carreira deportiva. Despois de case dous centos de concertos, algúns multitudinarios e moitos outros bordeando o lixo extremo, agradécese que se che achegue un rapaz e che diga:

Espectador novo: Eu tamén teño un grupo, levamos cinco meses ensaiando. Iamos cantar en inglés, pero vimos o voso vídeo do Calamar e decidimos facelo en galego.

Gracias, bróder!

Sección de percusión, o sábado pasado en Brión (cantas palabras en -ón!)

Advertisements