Recuperamos esta fin de semana a actividade con Detrás da canción, que xa entra na súa recta final. Quédannos nove concertos neste formato case acústico (máis un de premio que daremos como fin de festa no Ultramarinos de DC, a finais de maio), así que levamos xa… máis de corenta!

Nos próximos días vamos Ferrol (pode ser que xa haxa case tres anos que non tocamos nunha das nosas prazas favoritas??????????), Brión e Ares. Alí nos vemos, que é gratis.

Venres 15: FERROL

Obradoiro: Telecentro, Praza de España nº2, 18.00h. Concerto: Auditorio Torrente Ballester, 20.00h.

Sábado 16: BRIÓN

Obradoiro: Telecentro. 18.00h. Concerto: Casa da Cultura, 20.00h.

Domingo 17: ARES

Obradoiro: Telecentro – Casa da Xuventude. 18.00h. Concerto: Casa da Xuventude, 20.00h.

Foto de Rockeye ilustrando a nosa última visita a Ferrol, para o Parrockcheira do 12 de setembro do 2008. Foi o primeiro concerto de Cristovo.