Carlangas, de Novedades Carminha, Julián Sobrino e o blog Pista Oculta van editar en breve o recopilatorio Come on, Pelegrín, co máis granado do rocanrol de DC dos últimos anos. O artiluxio preséntase o próximo día 23 na sala Moon compostelá, con concerto do Pito de Pikasso e de Metralletas Lecheras, e unha pinchada de Shy Boy de Los Chavales; pagando os 6 euros da entrada conséguese tamén o disco, un clásico instantáneo no que temos a honra de participar aportando o noso ‘Tigre, tigre!’ (moitas gracias!!!). No disco aparecen tal montón de bandas amigas e irmás (Samesugas, Novedades Carminha, Royalties, Ruxe Ruxe…) que mellor que vexades o listado, impresionante, en Pista Oculta.

Advertisements