Pois iso, que facemos cinco anos en breve, e queremos celebralo o próximo xoves día 3 de xuño contra as 22.00 horas, na Casa das Crechas de Compostela. Para a ocasión temos medio preparado un repertorio especial no que non vai haber ningunha canción nosa. Nin a primeira, prometido. Farémolas de amigos (Samesugas, Nueva Vulcano, algunha vella gloria do punk de DC…) e de admirados (desde Paul Collins aos Kiss pasando polos HHH, os Pointed Sticks, os Barracudas, os Undertones e varias sorpresas máis), e recuperaremos cousas que faciamos hai tempo. No escenario vainos acompañar xente moi importante para nós.

Marga Tojo (gracias de novo!) explicábao mellor onte no Galicia Hoxe.

E aquí abaixo, un pedaciño da película Out of the blue, de Dennis Hopper, que morreu esta fin de semana. Os que tocan son precisamente os Pointed Sticks.