O venres que vén vamos facer algo que nos ten moi ilusionados: a iso da unha do mediodía tocaremos para centos de rapaces e rapazas (se lles apetece e nos aguantan) no colexio Martín Codax de Vigo. O ano pasado tiveron nada menos que a Budiño… A ver se estamos á altura da audiencia!
Por outra parte, a nosa amiga Andrea entrevistounos para a revista do seu instituto, o Rosalía, en DC. Dixemos moitas tonterías porque mentres a facíamos estabamos comendo bocatas de xamón asado sen xamón asado (palabra!), e así non hai quen se concentre. O resultado pódese ler aquí.
1 comentario
Comments feed for this article
Maio 19, 2010 ás 3:19 pm
Andrea
Claro, e logo ainda por riba a tortilla non baixaba!