Non sei que pasaría esta fin de semana, debeu ser cousa do Xynthia, pero no Facebook pasamos de 538 a cerca de 700 seareiros… Gracias!

Para os que preguntades, as entradas para os concertos cos Nueva Vulcano véndense na Reixa Tenda (as de Santiago DC) e en El Beasto (as da Coruña), aos prezos indicados máis abaixo. Aproveitamos para advertirvos unha cousa: se nunca vistes aos Nueva en directo, vades flipar seriamente. Son boísimos.

(Por certo, se estes días puidemos ensaiar un pouco foi gracias aos Ruxe Ruxe, gran grupo e mellores persoas, que nos prestaron o local. O día 6, o sábado que vén, presentan disco na Capitol, en Santiago DC!)

Nueva Vulcano + The Homens

4 de marzo: Sala Moon, Santiago DC. 22.30h. Anticipada 8€ (A Reixa Tenda), taquilla 10€.

5 de marzo: Sala Mardi Gras, A Coruña. 22.00h. Anticipada 10€ (El Beasto), taquilla 12€