You are currently browsing the monthly archive for Novembro 2009.

Espectador a un dos Homens, de iniciais J.B.L.T.: “Pues ahora que te veo fuera del escenario no pareces tan mayor…”

Carriña, rocanrol e pasteis de nata… Todo foi perfecto na viaxe da pasada fin de semana a Lisboa. Con Ana á fronte do evento non podía ser doutro xeito. Queremos darlle moitas gracias á xente da Xuga e á do Bacalhoeiro por un concerto que non esqueceremos. Temos moita sorte, si!

Por certo, o mércores estaremos destrozando Please please me e Helter skelter na homenaxe aos Beatles que se leva a cabo no marco de Cineuropa, o festival de cine de Santiago DC, que proxecta as películas oficiais do grupo que fixo do pop o que é. Tamén han de andar por alí Niño y Pistola, os Burgas Beat e outros tantos. O asunto empeza ás 23.00 e é na sala Capitol, e custa 3 euros.

Ah! E aquí está a metade dos Homens facendo como que se deixan entrevistar…

En Belem

Alá que nos vamos, mañá ben cediño, camiño de Lisboa, onde actuaremos a iso das doce da noite, na Noite Galega que se vai levar a cabo no Colectivo Cultural Bacalhoeiro. Témoslle ganas ao bolo; non sei por que, pero dános que temos a fin de semana eufórica, e reencontrámonos despois duns meses co noso padriño e factótum Tomás Ageitos, así que da cita pode saír algo grande (ou desastroso, que tamén cabe a posibilidade!). O concerto organízao a asociación Xuventude Galega en Europa, e, ademais de debates, proxeccións e visitas a ese milagro urbano que é Lisboa, o programa inclúe este concerto no que acompañaremos no escenario a Miguel Harguindey, o rapeiro Gran Purismo e o DJ Rubalkavra. Se alguén se anima, que apareza alá, como dicía o Reinolds.

The Homens + Gran Purismo + Miguel Harguindey + DJ Rubalkavra

Noite galega, primeira Xuntanza da Xuventude Galega en Europa

Colectivo Cultural Bacalhoeiro, Rua dos Bacalhoeiros, 125 LISBOA

Técnico máster habitual a os Homens, en xeral, despois dun bon concerto: “Vistes? Media fanequiña, unha ensalada e unha piecita de fruta e saídes tocar coma leóns”.

Técnico máster habitual a os Homens, en xeral: “A vosoutros hai que darvos unha cea frugal para que me rindades no escenario”.

Butifarra con secas en Can Miquel, estilo Lleida