Á volta da fin de semana prometemos poñernos as pilas para preparar a presentación da nosa Cuarta potencia, o xoves 17 de decembro en Santiago DC (Sala Nasa, 21.30 horas) e o venres 18 na Coruña (Le Club Directo, 22.00 horas). Ben, tampouco é que haxa moito que preparar: a campá xa está encargada, os foguetes veñen de camiño, as explosións quedaron planificadas, os amplis están ben chombados e as guitarras ben afinadas. A parte disto, algunha sorpresa haberá, se non nos pode a folgazamia.

Marchamos de fin de semana recordándovos que no noso Myspace tedes ‘Tigre, tigre!’, un avance do disco, e recomendándovos que escoitedes aos Vistalegre, o supergrupo de Sant Feliu de Guíxols.