Houbo moitas cousas bonitas a semana pasada na homemaxe aos Beatles que se levou a cabo na sala Capitol de DC: tocar para un local a rebentar, escoitar aos Niño y Pistola ensaiando I am the walrus na ducha dos camerinos, flipar coa Eleanor Rigby que fixo Narf, sentar (por descuido!) sobre a americana de Camilo Franco (perdón!), …

A primeira parte do concerto pode verse aquí e aquí, e hai tamén fotos por aquí (gracias ás persoas ás que roubamos os enlaces). A hora inicial pode escoitarse no arquivo do programa Planeta Furancho, que dirixe o amigo Vituco Neira en Radio Galega Música. A nosa interpretación por aplastamento de Please please me e Helter skelter, ao final da noite, tentaremos conseguila en breve.

Para os que xa non somos tan chavales, tamén foi un gusto coincidir cos Burgas Beat, aos que algúns xa admirábamos, e moito, cando eran Cosecha Roja. E moito máis cando Carlos Rego, ese crack, nos anuncia que a tan mítico grupo ourensán lle acaban de editar un disco con todo o que tiñan gravado nos noventa, e que, ademais, van presentalo por aí en directo. Para empezar, o sábado en Ourense. Viva!