Alá que nos vamos, mañá ben cediño, camiño de Lisboa, onde actuaremos a iso das doce da noite, na Noite Galega que se vai levar a cabo no Colectivo Cultural Bacalhoeiro. Témoslle ganas ao bolo; non sei por que, pero dános que temos a fin de semana eufórica, e reencontrámonos despois duns meses co noso padriño e factótum Tomás Ageitos, así que da cita pode saír algo grande (ou desastroso, que tamén cabe a posibilidade!). O concerto organízao a asociación Xuventude Galega en Europa, e, ademais de debates, proxeccións e visitas a ese milagro urbano que é Lisboa, o programa inclúe este concerto no que acompañaremos no escenario a Miguel Harguindey, o rapeiro Gran Purismo e o DJ Rubalkavra. Se alguén se anima, que apareza alá, como dicía o Reinolds.

The Homens + Gran Purismo + Miguel Harguindey + DJ Rubalkavra

Noite galega, primeira Xuntanza da Xuventude Galega en Europa

Colectivo Cultural Bacalhoeiro, Rua dos Bacalhoeiros, 125 LISBOA