Non se sabe ben por que, pero contra final de ano sempre facemos uns cantos concertos ben curiosos, en lugares e con motivos diferentes aos habituais, e iso está moi ben. Antes da presentación da Cuarta potencia (recordade, o 17 de decembro na Nasa, en Santiago DC) andaremos por estes escenarios:

– O 7 de novembro tocaremos no Bacalhoeiro COOLectivo COOLtural, en Lisboa, no marco da primeira Xuntanza da Xuventude Galega. Compartiremos palco con Miguel Harguindey e Gran Purismo (grande!), pero a cita ten un programa moi extenso durante toda a fin de semana. Podedes consultalo aquí.

– O 11 de novembro faremos un par de temas nunha homenaxe aos Beatles que vai haber na Sala Capitol, en Santiago DC. Seguiremos informando en canto vaiamos sabendo máis cousas. Que ninguén espere Yesterday, iso si.

– O 3 de decembro participaremos nunhas xornadas sobre música galega que organiza a AS-PG en Lugo. Tocamos pola tarde no Museo Provincial, penso. Sigan atentos á pantalla.

– Finalmente, o 17 de decembro presentaremos na Nasa, en DC, Cuarta potencia, ao tempo que Novedades Carminha fan o propio con Te vas con cualquiera. Festón de Lixo Urbano, xente, a non perder.

Advertisements