Algunha cousa máis da nosa Cuarta potencia, que xa está en proceso de gratinado: se en Tres tivemos dúas colaboracións fantásticas (Eugeni Bigas, que tocou a trompeta, e Cristina Pujol, que nos fixo os acordeóns), desta vez tampouco temos queixa ningunha. Ademais de Santi García, que taraboulou en cantas maracas, panderetas e trebellos ten no estudio, tamén nos botou unha man (literalmente) coas percusións Roger Ortega (No More Lies e agora Vista Alegre, ollo con este grupazo!). E, por encima, Isa, das Charades, cantounos un pedaciño de ‘Costa Brava’ e, coma todo o que fai, bordouno. Naturalmente, estes detalles son o mellor do disco.

GRACIAS!!!!!!!!!!!!!!

Advertisements