Xa están á venda entradas para a presentación do Te vas con cualquiera dos Novedades Carminha e do noso Cuarta potencia, que se vai levar a cabo o día 17 de decembro na sala Nasa de Santiago DC, ás 21.00. Poden reservarse na web da propia sala, e hanse poñer á venda anticipada nos puntos habituais da cidade (Gong, Bar Tolo, A Reixa Tenda…). Custan 8 euros anticipadas, e 10 o mesmo día.