Perdón polo retraso.

Como poderiades ver na xa popular The Homens TV (que non The Homens en Popular TV), a semana rematou coa batería e os baixos feitos. Roi namorou dun mustang que lle prestou Santi para facer as cancións máis soul do disco, e promete (prométeme a min, Wu, que non chego ata luns e estou doente por escoitar) que o que vai gravado ata agora soa a pepinazo inmenso. Viva o punk!

Tiger (sobrenome xa oficial de Cristovo) empezou tamén a súa faena. De momento gravou os pianos, cun aparello de parede do ano da castaña. Entretanto, o Patrón lograba entrar nos arquivos das triunfadas mundiais ao saber que a pulpada que fará a próxima semana vai levarse a cabo nun chalet-castelo na praia de Sant Pol, se todo vai ben. O domingo voará a Barcelona servidor, cunhas ganas tolas de empezar a gravar guitarras. Debe ser que levamos dous meses e medio sen pisar o escenario que me pide o corpo chicharrón e Hiwatt en vena. É o que ten o pop extremo.

Boa fin de semana e gracias por soportarnos (thanks for supporting us).