A principios desta semana Xurxo Souto fixo o seu último programa como condutor do Aberto por reformas, o programa da Radio Galega que hai algo máis de tres anos revolucionou a música do país. E non o dicimos gratuitamente; os que xa non somos tan chavales recordamos a odisea que era, antes do Aberto por reformas, soar na radio pública, na que pagamos todos. Ben, non era unha odisea: era directamente imposible. Con Xurxo aos mandos, os grupos galegos tivemos polo menos unha ventaniña luminosa pola que mostrar o que facemos, mellor ou peor. O martes pasado, a nova dirección da CRTVG retirou a Xurxo da conducción do programa e puxo no seu lugar a Xusto López Carril; non sería xusto rajar del aos dous días de empezar no choio, pero arrancar pinchando algo tan horrible como Springsteen pinta polo menos raro.

En todo caso, o que queremos facer neste post é darlle as gracias de corazón a Xurxo, polo que fixo e polo que seguro que fará, porque, como di el mesmo, córrelle máis a cabeza que o calendario. Debémosche moitas. Eres grande, man.

(Salvando as distancias, bonito país no que cada vez que cambian os políticos hai que cambialo todo; aquí John Peel duraba o que durase o alcalde de turno).

Advertisements