En maior ou menor medida, todos os músicos (ou pseudomúsicos, como é o meu caso, son Wu) temos ídolos, ou espellos, ou faros, ou como se lle queira chamar. Máis ou menos todos precisamos mirar para alguén e dicir: “eu quero tocar coma ese”, “eu quero moverme coma ese”, “eu quero levar a correa da guitarra tan baixa coma ese”. En numerosas ocasións é difícil comprender por que ese batería peñazo que dá tantos golpes nos timbais é ídolo de alguén, ou como é que alguén pode admirar a ese baixista que padece horror vacui sonoro. O máis difícil, con todo, é entender por que a maior parte dos guitarristas admiran a eses tipos que se corren encima do escenario movendo os dedos a toda castaña e facendo solos máis aburridos que a misa de doce.

Eu teño un ídolo guitarrístico claro desde hai moitos anos, algo así como dez ou doce. Chámase J. Pombo, é capaz de facer tres octavas coa man esquerda e poucos teñen tanto estilo coma el bailando nunha Telecaster. Non é peloteo, non é que Pombo sexa o meu amigo (que tamén), é que é así.

O grupo de Pombo, The Lorchas, toca o sábado no Centro Sociocultural do Castiñeiriño, en Santiago DC, ás nove da noite e de balde, cos tamén composteláns Dirty Socks. Os Lorchas (as tres jotas, J.Pombo, J.Torres e J.Iglesias) son probablemente o mellor grupo que deu a cidade nos últimos dez anos, e non son moi pródigos en actuacións, asi que convén ir aproveitando. E flipando. Flipando largamente.

Lorchas e Dirty Socks, no CSC do Castiñeiriño

Lorchas e Dirty Socks, no CSC do Castiñeiriño

Pero que disaign extremo!!!