Esta tarde, ás 18.30 horas, na praza do Obradoiro de Santiago D.C., hai un acto de apoio á sala Nasa fronte a eses pájaros que queren sacar tallada política e impoñer a Cultura Única. Copiamos e pegamos de aquí:

O noso titular sería este:
Como resposta aos ataques sufridos nos últimos meses a sala Nasa convoca un acto ridiculista en defensa da liberdade de expresión coincidindo co día mundial do teatro o venres 27 de marzo ás 18,30h. Na praza do Obradoiro.

O titular dos que nos atacan sería este:
Como un ataque aos cidadáns de Santiago, unha sala que homenaxea a terroristas convoca aos simpatizantes do movimento de liberación nacional a un acto ilegal de kale borroka coincidindo co 8º aniversario da matanza de Netanya.

Cal sería o teu?

Se o teu é máis parecido ao noso, e coñeces ou frecuentas as actividades da sala Nasa, gustaríanos convidarte a que veñas sacarte dúas fotos de familia con nós na praza do obradoiro o venres 27 de marzo ás 18,30h.

Advertisements