Xa foi o de Lugo. Resultou curioso actuar no mesmo escenario no que, hai moitos anos, Pandora puña en práctica os seus shows erótico-artísticos acompañada de Yuma, o seu fiel cadelo. Pero mellor foi volver atoparse con Miguel, ao que había moito tempo que non viamos, e coa xente lugocha en xeral (moitas gracias por vir!).

Agora toca fin de semana de repouso e logo dobre cita: o venres 3 de abril estaremos en Ribeira, convidados polo maestro Tomás Ageitos á Festa da Chuvia (e non sabedes as ganas que hai!), e o 5 en Bueu, de volta no mítico Aturuxo.

Parar é de covardes!

(Por certo, aquí vai unha reportaxe que sae hoxe no Público sobre o pop en catalán. Mola, e tamén dá envexa).