A servidor (Wu) non hai cousa que máis lle rebente que ter media ducia de cables entre os pés mentres está tocando; por iso encinta esparce, mide e tarda media hora en estar a gusto sobre o escenario. A outros, sen embargo, vailles a cochambre, e son felices fozando engrellados entre os jacks.

O outro día en La [2] de Apolo, penso que tocando Non podo máis, vin como se abalanzaba sobre min un baixista de metro noventa e me metía un talegazo do quince. O pavo aínda anda hoxe amilagrado porque ao SEU baixo non lle pasou nada. Á miña Telecaster algo si que lle pasou…

Leñazo na Apolo

Leñazo na Apolo