Revisando os vídeos da minixira da pasada fin de semana a Catalunya (poucos, e entre eles NINGÚN dos Homens tocando… algún día escribirei sobre o gran problema que temos nesta banda para levar cámaras e, sobre todo, utilizalas, hehehe) dáse un conta do grandes que foron catro días na carriña cos Samesugas. Desde a nevarada que papamos en Burgos, na viaxe de ida, aos paseos resacosos por Sant Feliu na mañá do sábado ou a emoción de ver a La [2] de Apolo petada, absolutamente todo foi memorable:

– Ser Samesuga por un par de días, aínda que fose a costa das costas fastidiadas de Álex (gracias pola confianza, e a recuperarse!)

– Volverse atopar con Santi Garcia e facer plans para o disco que gravaremos con el no verán, e tocar para amigos para sempre como Tule, Berta, Guillem, Víctor, Bethan, Agus, os Bullitt (perdón por deixarvos a casa feita unha cochambre e por levantarvos a reserva de cervexas…), e todos os demáis guixolenses.

– Coñecer en persoa a Miguel e David, de Crack! Records, que, ademais de editarnos un single precioso e de levarnos tocar a Barcelona, tiveron moitísimo que ver co número de xente que nos foi ver: estiveron horas repartindo folletos de promo do noso concerto á entrada do dos Buzzcocks, na Apolo grande, e iso seguro que axudou.

– Atopar o sentido da vida a través do crust xunto con Bernardo, que, coma sempre, é o que máis sentido ten de todos nós. Gracias eternas, man; sen ti non vamos a ningunha parte.

– Rebautizar o noso directo (vía Agus) como Grandes éxitos tocados máis rápido.

– E, como sempre ocorre nunha xira, por pequena que sexa, gravar a cincel grandes frases para a posteridade como as que seguen:


“Cordero lechaaaaal que quitas el pecado del mundooooo…”

“Carroña, te gusta la carroña, sodes carroña, pizza carroña, carroñeeeeeroooouuuu…”

“Cada vez que me acerco a Burgos danme ganas de poñerme tripis nos ollos

“O meu verdadeiro mito erótico é Ángels Barceló

“Por el día es un simple funcionario de Hacienda, pero por la noche se convierte en un terrible depredador sexuarrl… PAELLADORRRR!!!”

“A min non me apetece unha birra, o que me apetece é sacarme a chorra”

Therapy piiiiilloooooow…

“Como vou saber onde está a autopista a Burgos se cando compraches este mapa de última xeración aínda nin se fundara”

“Alberte, que se saca primeiro [da furgo]?”

ACTUALIZACIÓN URXENTE:

“A vós nunca se vos fan tarzanitos nos pelos do cu?”

Samesugas e The Homens en Sant Feliu de Guíxols e Barcelona

Samesugas e The Homens en Sant Feliu de Guíxols e Barcelona