En canto recuperemos o sono, a voz e a cordura contarémosvos como nos foi nunha das mellores fins de semana que vivimos como grupo. En todo caso, moitísimas gracias a todos os que nos fostes ver estes días a Sant Feliu de Guíxols e a Barcelona, que fostes moitos (é que non fallou ninguén!!!!!). E moitísimas gracias tamén á xente de Crack! Records. E veneración eterna á xente de Sant Feliu, a Santi, a Tule, a Berta, a Guillem, a Agus, a Víctor, aos Bullitt e a todos os que facedes que marchar da Costa Brava nos coste tanto cada vez que vos visitamos…

E sobre todo, gracias a Ber e á máis grande banda de rocanrol desta esquina do mundo, os Samesugas, que, aínda con baixas, estiveron enormes dentro e fóra de furgoneta. Cordero lechaaaaaaaaal que quitas el pecado del mundoooooo…

(En breve máis información, fotos, etc. No puedorl…)

Advertisements