Despois de tocar o sábado pasado en Corcubión (gracias a Xavier Drok e ao resto da xente por escornarse para que festivais coma este saian adiante), imos botar aproximadamente mes e medio recluídos na Casa Xurásica, tentando renovar o papeliño que vedes na imaxe de máis abaixo (que lle roubamos a Dorfun no flickr, por certo… espero que non lle pareza mal!). De momento non hai moita canción nova, pero empeza a habelas. A próxima cita, se non hai nada raro polo medio, será en DC, no Ultramarinos, a golpe de mércores 19 de novembro.

Repertorio en Ferrol Vello, foto de Dorfun

Repertorio en Ferrol Vello, foto de Dorfun

 

Por certo, aínda que isto merecerá un post máis longo (en realidade merecería ríos de tinta), só vos queremos apuntar que… si… vai pasar… por fin… OS MÁIS GRANDES POLLEGROS ESTÁN DE VOLTA!!!!!!