Como bos paspáns que somos, o venres quedáronnos na casa as cámaras de fotos, xusto o día no que The Homens pasabamos a ser catro e no que os tres grupos en activo da Casa Xurásica (estes másters, estoutros jefes e máis nós) coincidíamos nun festival en Ferrol Vello. Sobre o escenario a sensación é incrible; eses momentos nos que achicábamos por falta de instrumental soan agora máis cheos e vibrantes, e, ademais, darlles unha volta ás cancións sempre é saudable; abaixo do palco xa non sabemos… En todo caso, o primeiro en mandarnos fotos do evento foi Fran da Cabana, sempre atento co seu teléfono móbil. Máis adiante, máis.

The Homens en Ferrol Vello, por Fran da Cabana
The Homens en Ferrol Vello, por Fran da Cabana
The Homens en Ferrol Vello
Lolete, o quinto Homem
A todo isto, antes de que acabe o mes temos outra cita, desta vez en Corcubión, o sábado 27 de setembro. En canto saibamos máis, poñémolo por aquí.
Advertisements