Pois si, non se nos ocorre sitio mellor que Ferrol para estrear a que quizá sexa a novidade máis grande que se deu nos catro anos de vida de The Homens: o Parrockcheira será, se nada se torce, o noso primeiro concerto en formación de a catro, con Cristovo ao teclado farfiseiro. Nós estámolo pasando teta facendo cancións novas e adaptando e dando outro aire ás vellas. Se ademais a estrea se produce na primeira ocasión (creo, ao mellor non o é) na que coincidimos sobre un escenario todos os grupos xurásicos do momento, compréndese que esteamos máis contentos que catro reis en catro cestas!

SAMESUGAS + ROYALTIES + THE HOMENS

Festival Parrockcheira

Praza Vella, Ferrol Vello

Venres 12 de setembro, 22.00h.

The Homens no RunRum, xuño do 2008

The Homens no RunRum, xuño do 2008