O máis guai de tocar nun grupo é a xente á que coñeces. Se hai unha semana aínda estabamos levitando sobre Europa, agora andamos recuperándonos da fin de semana Charades + The Homens, na que tivemos ocasión de compartir escenario, ceas e recordos de Sant Feliu co noso grupo favorito. Calquera cousa que digamos sobre Charades é pouco, así que… gracias e perdón se nos puxemos moi fans, a ver se nos vemos moi pronto!!!

Hai algunhas fotos da fin de semana aquí.

E, como non vale parar, o xoves estaremos noutra das nosas cidades favoritas, Ourense, Rock City, GZ, para tocar nas festas!

E logo a ver se respiramos un pouco, que hai tantas, tantas cousas nas que pensar…