Ai, gran continente do norte, botaremos de menos as túas autopistas, os teus montes e as túas leiras sen bañeiras, as túas salchichas, as túas milanesas tamaño sábana e os teus restoráns vexetarianos, a túa birra pura fibra mínimo medio litro, as túas vilas de conto infantil, as túas rúas cheas de bicis, a túa vida perfecta se non fose porque non hai Carrusel Deportivo nin adictos ao Sunny…

Botaremos de menos a Alfredo, a Txelu e aos getxotarras…

Botaremos de menos a Manolo (e os seus metros de cervexa) e a Virginie, que nos levaron en volandas por Dijon adiante…

Alineación de The Homens en Dijon

Estrañaremos moitísimo a Iago (que si, que non acabamos o picho da birra), a Aitor (que viva a Pogorausch!!!), a Paula, a Ari, a Joaquim, a Johannes e a toda a xente marabillosa que coñecemos en Trier e en Tübingen…

Alineación de The Homens no Castelo de Tübingen

E, sobre todo, botarémoste de menos a ti, Ber, que sabes do significado profundo da palabra “sunny” e tes máis paciencia que un santo, como se pode ver neste gráfico…

Aínda que, ben pensado, creo que a Ber o reencontramos esta fin de semana coincidindo cos dous concertos que imos dar con ese grupazo que son Charades

Charades + The Homens

La Fábrica de Chocolate, Vigo
Venres 20 de xuño, 22.30h – 8€

Sala Run Rum, Ferrol
Sábado 21 xuño, 22.30h

Advertisements