Aínda nos doen as costas (e o organismo en xeral) despois do tremendo Rock en Costa deste ano (se o perdeches, peor para ti!), pero non vale parar! O venres pillamos a carriña e marchamos dirección este para merendarnos varios centos de quilómetros e facer unhas cantas datas en Euskadi e en Alemania. Se vos cadra de estar por alá, pasade saudar!

P.D. Alguén sabe se dos Pirineos para arriba hai algo parecido ao Die Karrusel Eurokopen? Faríanos moita falta atopar sustitutivo…