Despois do festón do sábado na Alameda (gracias a todos os que fostes, sobre todo a Mourente, que case queda pechado na carriña coma López Vázquez en La Cabina), esta fin de semana temos dobre cita. Parar é de covardes!

The Homens
+ Banda Potemkin + Som do Galpom

Festival Manguelo Mestizo – Orazo, A Estrada
Venres 23 de maio, 23.00h
 

———————————

The Homens + Samesugas

Festa de presentación do Festival Rock en Costa
Presentación do EP compartido para Lixo Urbano
Centro Sociocultural do Castiñeiriño, Santiago DC
Sábado 24 de maio. 21h.

 

Por certo, o noso estimado Xesús Fraga, inspirador, crítico e sobre todo amigo, vén de gañar o Premio de Artigos Normalizadores do Concello de Carballo cun artigo ben interesante sobre a música pop galega. Podedes lelo aquí. Parabens!

Por último, e para acabar de abrasarvos, podedes ver aquí o programa Miraxes que a TVG emitiu o sábado 17, no que aparece o vídeo do Calamar. Nótese o nome que lle dan no programa a Martin Wu, transformado en Martiño Santos, sen dúbida pola admiración que profesamos hacia o conxunto sadense de tal denominación🙂