Mañá sábado estaremos na Alameda de Santiago DC, na Festa do Dezassete da Gentalha do Pichel, con Ataque Escampe, Sacha na Horta e os nosos estimadísimos Os da Ría, a resposta galega a Eros Ramazotti. Iso si, se non queredes perdervos nada, ide á hora (empeza ás oito, pero alí hai onde cear): o Concello de Santiago, sempre sensible ás iniciativas cidadás, obriga a que o festival remate supercedo. Gustaríanos saber se hai algunha ordenanza municipal que só permita que acaben máis alá da medianoite concertos de tipos como MClan ou a basura que Bugalletti e compañía traen ás festas. Gracias por matar esta cidade!

Por outra parte, o vídeo do Calamar, da Fundación Intemperie, segue dándonos sorpresas moi gratas. Ademais de ser finalista no Festival Musiclip de Barcelona, agora vai proxectarse no Festival de Cans, e mañá sábado 17 aparecerá, con entrevista incluída, no programa da TVG Miraxes, no que tamén sairán os últimos vídeos de Ruxe Ruxe e Lamatumbá. O domingo pasado, o clip do Calamar apareceu en Onda Curta; podedes velo aquí.