Nada máis chegar de Xinzo (gracias a toda a xente da Sala Clan!!!) atopámonos con que se van pechando algunhas das cousas que máis ilusión nos fan para os próximos meses. É unha honra para nós, como supermegafans que somos, anunciar que The Homens acompañaremos a Charades na fin de semana do 20 e o 21 de xuño nos concertos que darán en Vigo (Fábrica de Chocolate) e en Ferrol (Run Rum). Se aínda non escoitastes o mellor disco do 2008, xa o podedes facer aquí ou aquí, por exemplo.

En todo caso, quédanos máis próxima esta fin de semana, na que estaremos a Vilalba. Cabe apuntar que a última vez que servidor (Wu) actuou alí fíxoo cun repertorio de pasodobles e cun solo de En er mundo aínda hoxe estarrecedor…

The Homens

Sala Fardela, Vilalba.

Sábado 19 de abril, 23.00h.

 

En breve, máis aventuras en lo-fi, como a nosa probable incursión extrapeninsular, os callos carballineses da Gazpara ou a incrible atracción dos cobradores da ORA de DC pola nosa queridísima carriña…