Andamos a mil, asi que nos dá pouco tempo a actualizar o blog. E iso que cousas hai que contar, como o ben que o pasamos o sábado en Ourense -con Martin Wu e Cao da Molinera en plan Starsky e Hutch carriñistas e un concerto ben divertido no Auriense, gracias mil-, a compra dunha guitarra quebequesa, a infructuosa caza da Vistalite e outras historietas. Pero non nos dá tempo!!!

Conformámonos, polo tanto, con dicirvos cales son os próximos concertos que temos na axenda, así xa vos contamos o que faga falta en directo.

Venres, 29 de febreiro. Sala Clavicémbalo, LUGO.

Sábado, 1 de marzo. Sala DZine. SAN SADURNIÑO. Con Boy Elliott and the Plastic Bags, vivaaaaaa!

Advertisements