Ala, despois de botarmos uns cantos sapos pola boca (gracias por aguantarnos!), toca falar de algo diametralmente oposto, algo que non ten nada que ver coa Sgae. Falemos de música!

A fin de semana que vén tócanos enfocar a carriña en dirección sur: volvemos a Portugal. A minixira, organizada por eses cracks de Audiencia Zero, inclúe dous concertos (un deles cos estupendos Sizo, o mellor grupo portugués do momento, palabra), unha entrevista de cobertura nacional no Radio Clube Português e dous showcases (jarl) noutras tantas tendas da Fnac para os que, se todo sae ben e nos dá tempo, habemos preparar algo especial en acústico.

E ah, por dios, que papadelas nos vamos meter…

Venres, 25 de xaneiro.

Showcase. Fnac Santa Catarina, Porto. 17.00 horas.
Concerto. The Homens + Sizo. Tertúlia Castelense, Castelo da Maia, 23.00 horas.

Sábado, 26 de xaneiro.

Showcase. Fnac Norte Shopping, Matosinhos. 17.00 horas.
Concerto. The Homens. Bar do Lago, Penafiel. 22.30 horas.