A fin de semana pasada comprobamos a querencia que ten a xente por traernos produtos do mar aos concertos, cousa que agradecemos enormemente. Se en Ferrol o que nos trouxeron foi unha nécora manca e cocida, na Coruña houbo quen puxo no escenario un calamar-choco-pulpo-pota, azul e de trapo (hai fotos do momento, e agradeceríamos que nolas enviasen!). Moitas gracias!
Con todo, como non queremos abusar, este venres, en Melide, pensamos ir nós buscar o material. Así que, antes de tocar, temos o firme propósito de mandarnos unha pulpada brutal. Severino, apúntate, que o pulpo non é verdura!
The Homens
Venres, 11 de xaneiro. 01.00h. Pub Gatos, Melide
Entrada de balde!
6 comentarios
Comments feed for this article
Xaneiro 9, 2008 ás 10:19 pm
vanessa
si ho chego a saber non compro o trapiño azul ainsssss jajjajajajaja coa ilusion que me fixo aunque si os digo a verdade o primeiro que queria facer era levar unha pota chea de calamares jajjajajajajaa unha bromiña 🙂
Agora espero que o meu pulpiño sexa famoso
Xaneiro 10, 2008 ás 2:07 pm
thehomens
Ei, para que o pulpo sexa famoso tedes que mandarnos fotos! Xa ocupa un lugar privilexiado no noso local, moitas gracias 🙂
Xaneiro 10, 2008 ás 9:53 pm
Matachin
Xa non me lembraba de subir as do Run Rum!
Xa as subín a Flickr.
Non están moi alá, pero dado como iamos as 3 da tarde penso que non está mal de todo: incluidas entrega da nécora oficial e foto de familia
Xaneiro 11, 2008 ás 11:43 am
thehomens
jajaja, islamismo de barra de bar!
si que están guais, si, pero pregúntalle a Roi que foi o que fixo coa nécora, angelito
Xaneiro 14, 2008 ás 2:33 pm
serasicomotedigo
Moi boa música meus… unha aperta e unha noraboa dende a coruña, en abril tocades no local dun colega en porriño espero poder ir a escoitarvos.
Xaneiro 16, 2008 ás 3:38 pm
thehomens
Gracias e vémonos alá entón!