Nalgunha outra ocasión temos xa expresado a nosa idea de que Ourense é a auténtica Rock City, GZ, baseándonos coma sempre en probas incontrovertibles como a lonxitude e densidade das patillas dos habitantes da súa escena. Mirándoo desde o mesmo prisma pseudocientífico, non nos queda máis remedio que nomear Ferrol como Pop City, GZ. De onde senón terían saído luminarias coma os Quant, os Bang 74 ou Boy Elliott? Por que, senón, se ían celebrar nos seus arredores algúns festivais clave no mundo da melodía? Como podería ser, senón, que ata os grupos máis contundentes e proletarios tivesen o seu corazonciño novaoleiro?

Esta fin de semana tócanos outra visita máis. Non vos fagades os de Cobas e vide!!!

 THE HOMENS

15 de decembro, 22 horas, 5 euros. Sala Run Rum, Rúa Real 223, Ferrol.