Restaurante Pestana Porto.
Muro dos Bacalhoeiros, Porto. Tel. +351 223 402 300.

Menú para tres homens:
Entrantes deses que sempre che poñen os portugas (pan, manteiga, olivas, ensaladilla, queixo fresco ás herbas).
Espadarte fumado sobre tosta de broa de Avintes e mollo tártaro.
Robalinho grellado con manteiga de camarón, pataca e mollo de legumes.
Tibornada de bacallau con pataca e grelos.
Taboleiro de dóces ‘vintage’ (crema de queixo con marmelada de froitas do bosque; brownie; pudin; torta quente de mazá con xelado de vainilla; liscas de kiwi, ananá e laranxa.
Café

Prezo por cabeza: uns 30 euros.Por algunha razón sempre acabamos falando de merda. Da que levo no pé esquerdo, recén pisada no Muro dos Bacalhoeiros; de derrapes fecais nos calzóns dun cociñeiro medio famoso. Andar toda a fin de semana de can, tratar varias noites seguidas con xente marabillosa coma Cadima (“tens possessao absoluta do teu instrumento”), coma Sílvia, André e Daniel, coma a xente do Kastrus e do Colinas Bar, coma os djs Ortega e Pacheco ou coma os Zen Guerrilla de Barcelos e, ao tempo, aguantar a imbéciles integrais (aquí escusen que non cite nomes) ponnos eufóricos, ao límite da tontería. Portugal peta, pese á crise. Ángelo, o baixista dos enormes Green Machine di: “A nossa política é uma merda. A nossa economia é uma merda. Em 5 anos, Portugal fica coma un país do leste. O único que val é que aínda há bares com a cerveja a 0,75”.Detrás da cristaleira o río baixa desbocado, anegando a Ribeira e a Gaia.  

(Mentres, un pouco máis ao leste, pínchannos sen saber por que nun programa de cine da Ser…)