You are currently browsing the category archive for the 'Vocabulario urxente' category.
‘Llamada del respetito‘: Chamada categórica que se fai a quen lle debe pasta a un. Sinónimo perfecto da entrada XIX.
‘Llamada del ahorro’: Chamada á orde que se fai a alguén que lle debe pasta a un. Sinónimo perfecto da entrada XX.
Abilimi güenatelyu – La la la guau guau guau – Bogotá tá tá: Primeiras palabras das peroratas coas que, respectivamente, os nosos queridos baixista, guitarrista e organillista empezan sempre a chequear o micrófono nas probas de son. Despois de facer tantas, un acaba dándose de conta de que sempre toca e canta o mesmo, e de que os que comparten escenario con el fan exactamente igual, incluído o batería (tacataca tucutucu pun chas, pun, chaschás) e mesmo o técnico de son (achilipú arriquitaun).
Ah, a insondable rotina do rocanrol…
Facer a dos Redullos: realizar un grupo en escea o movemento tamén coñecido como “cambio de instrumentos”, no que cada músico intercambia a guitarra pola batería, o baixo polas maracas, etcétera, cos seus compañeiros de banda, para demostrar a súa pericia multiinstrumentista. Denomínase desta maneira en homenaxe á histórica e grandísima banda do Castiñeiriño, á que podedes ver aquí nun dos seus últimos bolos, e que ten como herdeiros directos aos fantásticos Royalties.
A todo isto, buscando vídeos dos Redullos atopei esta xoia, editada por JBP Terrino para o cuarto Rock en Costa, no que saen os Redullos, os Samesugas, os sempre esperados Pollegros e demais fauna de DC -incluídos nós, os The Homens, tocando con camisa e gravata!!!-, retratados no festival… e entre as paredes da vella Casa Xurásica! Snif, snif…
Terrorista: dise de calquera aparello (ampli, pedal ou instrumento) capaz de facer un ruído de la virgen, en argot aprendido de Santi García. Vamos, calquera aparello que mola.
Facer a de Fugazi: Tocar todo un concerto sen ter o repertorio nin escrito nin decidido, tal e como fan os máis grandes, guiándose unicamente pola química entre os músicos do grupo.
Coros del tontico. Mestura perfecta dos ‘coros Cobretti’ e dos ‘coros de Borjita’, refírese aos coros realizados con moitash eshesh e vocecilla anxelical. A expresión vén da famosa canción ‘Es el lirio y la rosa’.
Máis información aquí. Ieha!
Fuerza bien: Expresión habitual dos irmáns Santi e Víctor García, tradución directa do catalán “força be”, e que vén significar ‘bastante ben’.
Técnica do candado: Estratexia que se leva á práctica para intimar con ídolos cos que un comparte backstage, consistente en trincar cun brazo ao tal ídolo polo pescozo, evitando así que escape da chapa que un lle dá, e favorecendo as fotografías nas que parece que os dous músicos, o idolatrador e o idolatrado, son superamigos.
Zorza: alimento composto de carne adobada e fritida, habitualmente servida con patacas e en grandes cantidades, que resulta ser o combustible enerxético fundamental dos baterías.
