You are currently browsing the category archive for the 'Máis cousas' category.
Houbo moitas cousas bonitas a semana pasada na homemaxe aos Beatles que se levou a cabo na sala Capitol de DC: tocar para un local a rebentar, escoitar aos Niño y Pistola ensaiando I am the walrus na ducha dos camerinos, flipar coa Eleanor Rigby que fixo Narf, sentar (por descuido!) sobre a americana de Camilo Franco (perdón!), …
A primeira parte do concerto pode verse aquí e aquí, e hai tamén fotos por aquí (gracias ás persoas ás que roubamos os enlaces). A hora inicial pode escoitarse no arquivo do programa Planeta Furancho, que dirixe o amigo Vituco Neira en Radio Galega Música. A nosa interpretación por aplastamento de Please please me e Helter skelter, ao final da noite, tentaremos conseguila en breve.
Para os que xa non somos tan chavales, tamén foi un gusto coincidir cos Burgas Beat, aos que algúns xa admirábamos, e moito, cando eran Cosecha Roja. E moito máis cando Carlos Rego, ese crack, nos anuncia que a tan mítico grupo ourensán lle acaban de editar un disco con todo o que tiñan gravado nos noventa, e que, ademais, van presentalo por aí en directo. Para empezar, o sábado en Ourense. Viva!
A besbella Inés recupera no seu fantástico blog unhas das risas máis grandes da pseudocarreira artística dos The Homens: o día que asaltamos o escenario do Festival Artenativa de Valga mentres Projecto Mourente nos versioneaba. Con tanta luz estroboscópica e tanto bote parece a LP45 en llamas.
Pódese ver tamén en Youtube.
Cóntannos que morreu a señora María, que vivía parede con parede coa antiga Casa Xurásica. Disque non escoitaba case nada (e máis lle valía: a súa cociña estaba pegada ao local de ensaio dos Samesugas), pero nós cremos que en parte facía como que non oía. Levábamonos ben, e é unha pena.
Por outra parte, desde esta noite temos a primeira mestura do disco novo. Algúns mocas xa estiveron celebrando o próximo nacemento e poñendo as cancións a toda castaña no Ambigú (un abrazo a Miguel, que tamén está fastidiado estes días), e din que soan moi ben. Outros teremos que esperar a que se ergan os veciños para dar opinión… pero con Santi xa se sabe que vai estar xenial!
Lendo cousas como esta, a un quédalle pena de que o do outro día de Springsteen no Monte do Gozo non acabase en plan Heysel. Claro que despois se arrepinte.
Puta cidade de paletos…
Roi e Xocas están xa de camiño para Sant Feliu de Gúixols coa carriña medio cargada, porque á gravación non levamos nin batería nin amplis, pero si trapallada tan curiosa como shakers en forma de calabacín e un adibal amarrando a caixa dos soportes dos pratos. Os que polo momento quedamos seguiremos informando.
Como se ve na foto inferior, a banda sonora da viaxe promete.

A versión atlántica dos dous de Estopa
Por certo, hoxe na edición galega de El País recomenda Xocas varias lecturas para o verán.
Pois iso, que xa anda por aí circulando o CD Vozes novas, que editan o xornal Novas da Galiza e Komunikando.net, con Tomás Ageitos e Marcos Payno, dous cracks, na masterización e na coordinación. Creo que custa 8 euros, e pode encargarse chamando ao 692060607 ou enviando un correo a encomendas@novasgz. No disco pódese escoitar material de grandes amigos como Projecto Mourente, Fanny + Alexander, GalegoZ ou Zimmer 103 (coño, que curioso, todas son bandas de maquinillo!), e así ata 19 cortes. The Homens contribuímos ao asunto con Ilha Formosa, unha canción de amor oriental que se pode escoitar, por exemplo, picando aquí.

O xornal Novas da Galiza e Komunikando.net acaban de presentar o disco Vozes novas, no que participan 19 bandas galegas, de Bonovo aos GalegoZ, pasando por Ataque Escampe, Projecto Mourente ou Fanny + Alexander, e con ese home do renacemento que é Marcos Payno na coordinación. Nós aportamos un inédito, ‘Ilha Formosa’, gravada no verán do 2007 nos estudios Ultramarinos Costa Brava por Santi e Víctor García, que quedou fóra do noso Tres porque no vinilo caben as cancións que caben. Para facerse con el, un bo momento é o concerto de presentación que se levará a cabo mañá xoves 25 na sala Nasa, en Santiago DC.
Nesta reportaxe de Vieiros poden escoitarse algúns temas, entre eles o noso, con eses coritos que nos fan parecer Los Flechazos. “…tinto do anteriooooooor…”

Non, de momento non nos esquecimos desta ventá. O blog quedou parado un par de semanas por circunstancias felices, tan felices como a cara que tenn o debuxo que encabeza a páxina o que esto escribe (Wu), exultante pai dun neno de 16 días. Con todo, as follas do calendario seguen caendo para a nosa próxima visita a Sant Feliu de Guíxols, para a que xa queda menos dun mes. Estivemos pensando seriamente en aproveitar o verán para ir facer galas a localidades turísticas, estilo Los Tamara, despois de recibir a carta que máis abaixo reproducimos; de seguida o desbotamos ao dármonos conta de que se trata unha estafa na que xa caeron varios grupos de tunos, eses maromos con pantis. Unha pena: non digades que The Homens non gastamos tipo de Pepito Piscinas.
Buenos días Sr./Sra.,
Soy el Sr. MARC COLLIN, vengo hacia ustedes ya que me quisiera beneficiarme de sus prestaciones para una seria de conciertos . descubierto su contacto totalmente por casualidad al buscar nuevos artistas y estilos artísticos sobre el neto, así decidieron contactarle.
Le comunico entonces la información relativa a las ceremonias:
- Lugar: Hotel Bizerta Resorte
- cinco Fecha: de 16 /17/18/ 19 el 20 de julio de 2009
-Hora: 20:00 – 21:00 (tendrán alrededor 1:00 de prestación/Día)
- Números de invitada: 60 personas
-País: TUNISIE (África)
-Ciudad: TUNEZ
quiere POR FAVOR presentarme su propuesta de animación para estas tardes así como un presupuesto.
Por lo que se refiere su desplazamiento y el Reglamento del sello, ahí tienes nuestras condiciones: * Garantizamos al 100% el alojamiento y la restauración .Hotel Bizerta Resorte troix estrella proximidad del lugar de prestación. *
dispongo de un pago a cuenta de 520 euros en una agencia de viaje. pongo pues este pago a cuenta tengo su disposición. pero si el coste de su transporte superado los 520 euros, es ustedes quienes regularán el resto del importe. le reembolsaré este suma en Túnez
hechas mí llegar la factura total a saber la factura de las prestaciones para estos 5 días de prestaciones y la de los billetes de aviones.
regularé la factura total en líquido en Túnez antes de la primera prestacion
Deben también hacerme llegar su ficha técnica para el alquiler del material, cuando esté de vuelta en Túnez, dado que estoy actualmente en Abiyán (Costa de Marfil) para solicitudes de patrocinios.
Para más de de información mi número de teléfono es +225 47 97 80 92 .tenga a significarle que hablo francés y no español.
querrán también informarle sobre las condiciones de entrada en Túnez, no necesitan visados.
En espera de leerle, cordialmente,
al Sr. MARC COLLIN
A principios desta semana Xurxo Souto fixo o seu último programa como condutor do Aberto por reformas, o programa da Radio Galega que hai algo máis de tres anos revolucionou a música do país. E non o dicimos gratuitamente; os que xa non somos tan chavales recordamos a odisea que era, antes do Aberto por reformas, soar na radio pública, na que pagamos todos. Ben, non era unha odisea: era directamente imposible. Con Xurxo aos mandos, os grupos galegos tivemos polo menos unha ventaniña luminosa pola que mostrar o que facemos, mellor ou peor. O martes pasado, a nova dirección da CRTVG retirou a Xurxo da conducción do programa e puxo no seu lugar a Xusto López Carril; non sería xusto rajar del aos dous días de empezar no choio, pero arrancar pinchando algo tan horrible como Springsteen pinta polo menos raro.
En todo caso, o que queremos facer neste post é darlle as gracias de corazón a Xurxo, polo que fixo e polo que seguro que fará, porque, como di el mesmo, córrelle máis a cabeza que o calendario. Debémosche moitas. Eres grande, man.
(Salvando as distancias, bonito país no que cada vez que cambian os políticos hai que cambialo todo; aquí John Peel duraba o que durase o alcalde de turno).
Seguro que xa vistes o cartel pegado por aí adiante, se vivides en DC; senón, quedades avisad@s de que o Rock en Costa volve este ano con máis rocanrol!!!

