You are currently browsing the monthly archive for Abril 2011.

Vaia mes de maio que nos espera… Nas próximas semanas remata Detrás da canción e comeza a vida de despois, se é que existe. E, en xuño, o Rock en Costa, que vai ser para non esquecer!

Venres, 29 de abril
DETRÁS DA CANCIÓN en ABEGONDO
Obradoiro: Telecentro, 18.00h.
Concerto: Salón de Actos do Concello, 20.00h.

Domingo, 1 de maio
DETRÁS DA CANCIÓN en GUITIRIZ
Obradoiro: Telecentro, 18.00h.
Concerto: Casa Habanera, 20.00h.

Mércores, 4 de maio
Concerto solidario coa II Flotilla da Liberdade – RUMBO A GAZA!
GARCIA MC + THE HOMENS + QUEMPALLOU. Presentado por CARLOS BLANCO
Sala Nasa, Santiago DC, 21.00 horas. 5€
Organiza: BDS-Galiza

Venres, 13 de maio
DETRÁS DA CANCIÓN en A FONSAGRADA
Obradoiro: Telecentro-Casa da Cultura, 18.00h.
Concerto: Casa da Cultura, 20.00h.

Sábado, 14 de maio
DETRÁS DA CANCIÓN en CATOIRA
Obradoiro: Telecentro-Biblioteca Pública Municipal, 18.00h.
Concerto: Salón de Actos, 20.00h.

Domingo, 15 de maio
DETRÁS DA CANCIÓN en VEDRA
Obradoiro: Telecentro, 18.00h.
Concerto: Centro Sociocultural, O Burgo, 20.00h.

Luns, 16 de maio
DETRÁS DA CANCIÓN en A ESTRADA
Obradoiro: Telecentro, 18.00h.
Concerto: Teatro Principal, 20.00h.

Martes, 24 de Maio
THE HOMENS (versión case acústica)
Pub Ultramarinos. Casas Reais, 34, Santiago DC.
22.30 horas. 5€.

Os nosos primos, os Samesugas, farán ruxir as súas 7ender e 9ibson hoxe na Sala Nasa de Santiago DC cos enormes Sex Museum. É de supoñer que os Samesugas han tocar xa material do disco que están gravando estes días na Coruña… Que ganas!

Nós temos a fin de semana ben ocupada con Detrás da canción:

Venres 29: ABEGONDO
Obradoiro: Telecentro, rúa San Marcos s/n. 18.00h. Concerto: Salón de Actos do Concello, 20.00h.

Domingo 1: GUITIRIZ
Obradoiro: Telecentro-Aula Guitiriz. 18.00h. Concerto: Casa Habanera, 20.00h.

Corta o pelo, Reino, faite un home.

Señora que canta nunha praza, acompañada doutra señora e de dous anciáns, cancións de misa e o himno da Armada, ante a visión de tres dos Homens realizando proezas futbolísticas cun balón de gomaespuma: A estes o que lles facía falta é facer a mili.

A próxima fin de semana estamos en Abegondo, o venres, e en Guitiriz, o domingo. Nunca tocamos en ningún dos dous lugares, así que nos apetece ben!

Venres 29: ABEGONDO

Obradoiro: Telecentro, rúa San Marcos s/n. 18.00h. Concerto: Salón de Actos do Concello, 20.00h.

Domingo 1: GUITIRIZ

Obradoiro: Telecentro-Aula Guitiriz. 18.00h. Concerto: Casa Habanera, 20.00h.

Se atormenta una vecina / se masca la tragedia: Non vai vir nin Dios ao concerto.

O outro día en Brión dixéronnos unha das mellores da nosa carreira deportiva. Despois de case dous centos de concertos, algúns multitudinarios e moitos outros bordeando o lixo extremo, agradécese que se che achegue un rapaz e che diga:

Espectador novo: Eu tamén teño un grupo, levamos cinco meses ensaiando. Iamos cantar en inglés, pero vimos o voso vídeo do Calamar e decidimos facelo en galego.

Gracias, bróder!

Sección de percusión, o sábado pasado en Brión (cantas palabras en -ón!)

Iso, que montamos na carriña con Detrás da canción para toda a fin de semana.

Venres 15: FERROL

Obradoiro: Telecentro, Praza de España nº2, 18.00h. Concerto: Auditorio Torrente Ballester, 20.00h.

Sábado 16: BRIÓN

Obradoiro: Telecentro. 18.00h. Concerto: Centro Social Polivalente, 20.00h.

Domingo 17: ARES

Obradoiro: Telecentro – Casa da Xuventude. 18.00h. Concerto: Casa da Xuventude, 20.00h.

O sábado que vén tocamos con Detrás da canción no Centro Social Polivalente de Brión, na avenida de Santa Minia. O programa de festexos queda así:

Venres 15: FERROL

Obradoiro: Telecentro, Praza de España nº2, 18.00h. Concerto: Auditorio Torrente Ballester, 20.00h.

Sábado 16: BRIÓN

Obradoiro: Telecentro. 18.00h. Concerto: Centro Social Polivalente, 20.00h.

Domingo 17: ARES

Obradoiro: Telecentro – Casa da Xuventude. 18.00h. Concerto: Casa da Xuventude, 20.00h.

 

Recuperamos esta fin de semana a actividade con Detrás da canción, que xa entra na súa recta final. Quédannos nove concertos neste formato case acústico (máis un de premio que daremos como fin de festa no Ultramarinos de DC, a finais de maio), así que levamos xa… máis de corenta!

Nos próximos días vamos Ferrol (pode ser que xa haxa case tres anos que non tocamos nunha das nosas prazas favoritas??????????), Brión e Ares. Alí nos vemos, que é gratis.

Venres 15: FERROL

Obradoiro: Telecentro, Praza de España nº2, 18.00h. Concerto: Auditorio Torrente Ballester, 20.00h.

Sábado 16: BRIÓN

Obradoiro: Telecentro. 18.00h. Concerto: Casa da Cultura, 20.00h.

Domingo 17: ARES

Obradoiro: Telecentro – Casa da Xuventude. 18.00h. Concerto: Casa da Xuventude, 20.00h.

Foto de Rockeye ilustrando a nosa última visita a Ferrol, para o Parrockcheira do 12 de setembro do 2008. Foi o primeiro concerto de Cristovo.

Barcelona, pola mañá. Tres homens viaxan nun vagón de tren, dous deles cunha resaca notable:

- 1º homem a 2º homem: Dende logo, mira que eres liante…

- 2º homem a 1º homem: Non, se terei eu a culpa, vamos

- 1º homem a 2º homem: Claramente

- 2º homem a 1º homem: Pfff

- 1º homem a 2º homem: Eres un falso

- 2º homem a 1º homem: Tu si que eres falso

- 3º homem: Buddy movie

L’Uomo di Gomma, esa banda, presentan esta noite novas cancións (en idiomas variados!) no Clube Cachán de Santiago DC ás 22.00 horas. A entrada custa 4€. Hai que ir,  pasalo bomba e facer gasto, por esta orde.

Onte fixemos tres ou catro cancións, con gran profusión de tururús e chip, chip, chips.

Boa fin de semana.


Seguir

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.