A Xurásica 2 é historia: Adif e a súa revolución no transporte para ricos mandáronnos vaciar a casa na que ensaiamos os Lorchas, os Royalties, os Samesugas e máis nós e marchar coa música a outra parte, porque o derrubo é inminente. Así que, por segunda vez en menos de dous anos, outra vez estamos na rúa, buscando local para ensaiar. No medio dunha xira e co fácil que está o tema…
Se sabedes de alguén que teña unha casa ou un local no que unha ducia de roqueiros limpos e responsables se poidan meter a ensaiar, agradecémosvos que nolo fagades saber. Está visto que o rocanrol é para xente con chalé e garaxe.


4 comentarios
Feed dos comentarios para este artigo
Xaneiro 29, 2010 ás 1:42 pm
Pablo
Sintoo moito rapaces. É unha putada tremenda. Apertas.
Febreiro 2, 2010 ás 2:25 am
Snob Megalove
Vaites, pois era unha casiña ben fermosa, das que xa non se fan.
Ánimo, a Xurásica non se pode extinguir!
Decembro 30, 2010 ás 1:26 pm
Repaso ao 2010 « The Homens
[...] Un cambio de local de ensaio, despois de que o anterior o levase por diante o progreso (o AVE, non o de [...]
Xuño 8, 2011 ás 11:16 am
A despedida do Rock en Costa « The Homens
[...] do rock compostelán: por algunha das tres localizacións que tivo a casa (a primeira na Chaparra, a segunda xunto á vía do tren na rúa do Castiñeiriño e a actual, en Meixonfrío) pasaron Samesugas, [...]