Daquela o plan é o seguinte:
- O día 10, venres, Roi e Xocas parten coa carriña cargada (tampouco demasiado; no estudio de Santi hai case de todo) camiño de Sant Feliu de Guíxols. Farán parada e fonda en Logroño, onde hai dous anos deron o espectáculo no camping durmindo coas portas da furgoneta abertas e vestidos só con calzoncillos de abella. Chegarán á Costa Brava o sábado, instalaranse no apartamento que alugamos ao lado da praia de Sant Pol, en S’Agaró, farán a compra e pasarán unha fin de semana opípara.
- O día 13, luns, comenzaremos a gravar baterías e baixos, o que consumirá a primeira parte da semana.
- O día 15, mércores, pola noite, chegará en avión a Barcelona Cristovao, para facer as partes de teclados, hammonds (esperamos conseguir un pedazo hammondazo de época), pianos (pianos de verdade!!!) e demais.
- O día 18, sábado, e máis o domingo, deixaremos que Santi descanse a cabeza de nós, que falta lle fará. Roi, Xocas e Cristovao pasarán, como non, outra fin de semana opípara.
- O día 19, domingo, voará a Barcelona o Martin Wu, que non poderá chegar antes por ser pai amantísimo. Botará toda a semana, do 20 ao 24, gravando voces, guitarras, ruídos, pedais, palmicas e todas esas chorradas que tanto lle gustan. Na parte final da semana engadiranse tamén os adornos e ocorrencias que dea tempo. Alternativamente, ese mesmo día 19 voará a DC Xocas, por cousas de traballo.
- O día 20, luns, regresará de DC Xocas via aérea.
- O día 24, venres, empaquetaremos todo, tristes por marchar desa terra de promisión que é a Costa Brava, e volveremos a DC, uns (Roi, Xocas, Cristovao) en furgoneta (o máis cedo posible, porque é probable que o día 25 teñamos bolo), e outro (Wu) en avión, para que lle dea tempo a aproveitar a mañá.
Faciliño, eh?

2 comments
Comments feed for this article
Xullo 8, 2009 a 3:29 pm
marcialek
Halaaaaaa….. agora resulta que a banda xa non se fala, que van cada un polo seu lado, a sección rítmica grava por separado, viaxan uns en carriña e outros en avión…
He, he. Moito ánimo, e que saia ben. Que sexa leve. Para os técnicos, para o músico e para o papá!
A ver se Xocas e Roi anímase tamén e teñen un. A medias.
Xullo 9, 2009 a 10:31 am
thehomens
Sisi, con ese esperma sintético que acaban de inventar