A principios desta semana Xurxo Souto fixo o seu último programa como condutor do Aberto por reformas, o programa da Radio Galega que hai algo máis de tres anos revolucionou a música do país. E non o dicimos gratuitamente; os que xa non somos tan chavales recordamos a odisea que era, antes do Aberto por reformas, soar na radio pública, na que pagamos todos. Ben, non era unha odisea: era directamente imposible. Con Xurxo aos mandos, os grupos galegos tivemos polo menos unha ventaniña luminosa pola que mostrar o que facemos, mellor ou peor. O martes pasado, a nova dirección da CRTVG retirou a Xurxo da conducción do programa e puxo no seu lugar a Xusto López Carril; non sería xusto rajar del aos dous días de empezar no choio, pero arrancar pinchando algo tan horrible como Springsteen pinta polo menos raro.
En todo caso, o que queremos facer neste post é darlle as gracias de corazón a Xurxo, polo que fixo e polo que seguro que fará, porque, como di el mesmo, córrelle máis a cabeza que o calendario. Debémosche moitas. Eres grande, man.
(Salvando as distancias, bonito país no que cada vez que cambian os políticos hai que cambialo todo; aquí John Peel duraba o que durase o alcalde de turno).

3 comments
Comments feed for this article
Xuño 4, 2009 a 6:01 pm
LeRoi
Comezar un programa xustificándose tamén é bastante raro.
Gracias por todo, Xurxo.
Xuño 6, 2009 a 9:47 pm
Atalogho amigho, partiu! « Caderno de Lingua
[...] Artábria, ForoKomunika, The Homens, Malmequer, Made in Galiza e [...]
Xuño 7, 2009 a 10:02 pm
cancodrilo
Acordome falar con Xurxp pouco depois de que comenzase o seu programa
E una das cousas que eu lle dicia era que posiblemente na nosa radio e na nosa television parecia que as cousas cambiaban
Despois da represion Franquista chegounos a represion Fraguista
por fin tinhamos musica galega de agora por fin tinha a noxa xuventude un sitio dende o que expresarse e facerse conocido
por fin un medio de comunicacion ia amosar a outra galiza
A galiza que non gosta de manolo escobar nen mocedades nen bonie m
nen touros
Esa galiza nova que xa non recorda quen e Franco, nen Fraga,nen Lola Flores, nen o Fari
Que pouco nos durou a alegria Xurxinho
outra vez voltamos a television das enchentas os vellos antes das eleccions
da musica comercial extranxeira tapando as nosas voces non conformes
seguiremos com as peliculas de vaqueiros
Canto me poderia liar a falar da oportunidade que perdemos
mais eu son can sumiso nen ladro nen mordo
Depois de muito tempo viaxando por outros paises cheguei a Galiza e notei que aqui o progreso ainda non chegara, os cartos da europa foran empregados en farolas,paseos maritimos,areas recreativas xa abandoadas, e subvencios uns dias pra mercar vacas i outro pra matalas, un dia pra mercar cuota de leite i outro pra abandoala, subvencions empregadas en pagar comidas os arxentinos a cambeo do seu voto,cartos mal gastados en festas os vellos pra mercar o seu voto, pagas extraordinarias millonarias na costa da morte pra que a xente esquencera
a vergonza do prestige e os voluntarios.
E pra que vou seguir ¿? quizais son sea nen grave nen apoteosico que Xurxo deixe de falar dos pequenos grupos galegos que cada dia intentan sair a diante
Perdoa Xurxo pero ti non eras mais que una miga no medio do molete
Sen ti, Xurxo,Galiza vai seguir como sempre, como o que e, nin mais nin menos
Cada pobo ten o que merece, e eso non pode arregra nengum cristian
Saudinhos e que te vaia bem nos futuros trabalhos que començes agora