Isto de ser músicos chatolas ten como inconveniente que, cando o traballo de verdade che come o tempo, o resto, como por exemplo este blog, ten que esperar… Tedes que disculparnos por esta escaseza de novas: non é que non pasasen cousas, é que non tivemos tempo de contalas!

Por exemplo, de contarvos que hai un par de semanas saíu á rúa o single que compartimos cos nosos irmáns Samesugas, laranxa coma unha… laranxa (!) e ben bonito co seu deseño tarantiniano. Edítano a medias Crack Records, de Barcelona, e a mítica e revivida Lixo Urbano, de Santiago DC. Na web de Lixo podedes escoitar dous dos catro temas: os Same fan unha canción nova (e psicodélica e preciosa!) e unha versión do noso Desaparece, e nós poñemos a inédita Nada que aproveitar e destrozámoslles o seu Sad and lonely (rebautizado como Sara e Loli, non vos digo máis).

O artiluxio custa 6 euretes de nada, e en breve vos contaremos dalgún festexo co que queremos saudar o seu nacemento.

1204486795_f.jpg
(Sabas coloradas non incluídas; son do ajuar do baixista de The Homens).
Por outra parte, velaquí van uns vídeos do youtube ben curiosos.

- Unha entrevista que nos fai Bocixa para A Nosa Terra TV, todos suados despois de tocar na Mardi Gras. Gracias!

Non podo máis e a entrega da auténtica Nécora d’Ouro a Roi The Trutti Boy no Run Rum de Ferrol. Algún día contaremos como este infeliz marisco xerou graves tensións internas na banda.

- Sandra Dee como Original Soundtrack do partido de solteiras contra casadas de Mugardos. The Homens cos deportes de verdade.