Tedes que disculpar. Hoxe había algunhas cousas que contar (rollos de vídeos, etc.), pero a cazolada antiSgae de onte e a súa repercusión mediática (escasa, como era previsible, eles pagan páxinas de publicidade nos xornais e nós non) fixo que o plan cambiase. Así que primeiro anoto unha declaración de Teddy Bautista en La Voz e logo comento.
Demagóxico é ir de progresista e defender un sistema no que os únicos que gañan son Los del Río, Tam Tam Go!” e outros famosetes de medio pelo.
Demagóxico é dicir que se defende aos autores impoñendo un modelo de acceso á cultura restrictivo e elitista: se tes pasta, les, escoitas e ves; e, senón, fastídiaste. Coma no século XVIII.
Demagóxico é dicir que se defende aos autores cando se fai desde unha asociación rexida pola democracia censitaria: tanto vendes, tanto vales. Coma no século XVIII.
Demagóxico é dicir que non se ten ánimo de lucro e conformar de tapadillo unha rede de empresas, paraempresas, medioempresas e intereses cruzados que se están forrando.
Demagóxico é dicir que se defende aos autores sendo a ÚNICA maneira que existe de percibir os dereitos derivados de, por exemplo, emisións radiofónicas. É dicir, que se na radio poñen unha canción de The Homens, a que cobra por iso é a SGAE. Nós, que non somos socios, temos dúas alternativas: reclamar a NOSA PASTA á SGAE (demostrando que canción se emitiu, en que programa, a que hora, etc.) ou renunciar aos NOSOS DEREITOS para que estes señores lle dean un pouco máis de brillo aos corredores dos seus edificios.
Demagóxico é dicir que se defende aos autores e facerlles pagar PREVENTIVAMENTE aos grupos pequenos por editar un disco, vender as entradas dun concerto, etc, coa promesa de que logo “xa lles devolverán a pasta” (sen a correspondente comisión por gastos dunha xestión que o grupo non solicitou).
Demagóxico é dicir que se defende aos autores cobrando polos dereitos de artistas que non son socios (e outros que nin sequera saben que a SGAE existe).
Demagóxico é dicir que “la música se muere” e ingresar 343 millóns de euros no 2006.
Demagóxico é dicir que se defende aos autores e impedirlles de facto (acosando as redes p2p, “canoneando” os cds e os aparatos) que difundan a súa música da maneira que mellor lles parece.
Demagóxico é dicir que se defende aos autores e pretender que, gracias aos manexos anteriores, nin dios coñeza aos grupos emerxentes e nin dios lles vaia aos concertos. Os chavales, a ver aos triunfitos, que iso é arte.
Demagóxico é disfrutar da xestión dun imposto preventivo, que se cobra “por se acaso”, e comparalo con “impuestos que se pagan por carreteras por las que nunca vas a circular”. Vou ter que darlle unha volta ao meu concepto de Estado.
Demagóxico é aparentar que se ten a razón cando, realmente, o que se ten é a forza a través da capacidade de presionar aos politiquillos de turno (ningún quere ter diante unha manifestación de semideuses creadores encabezada por Pilar Bardem).
Demagóxico é dicir que se defende aos autores metendo detectives privados en vodas, denunciando a discapacitados, ameazando aos buseiros, acosando aos hosteleiros, extorsionando aos propietarios de salas que (oh, pardillos) organizan concertos de grupos que non son socios e que, con todo, teñen que pagar igual.
Demagóxico é parapetar a cultura detrás dun exército de avogados (ou de policías, coma onte no Obradoiro).
Demagóxico é dicir que se defende aos autores cobrándolles a quinta parte do que gañan por pouco máis que ofrecer “protección” (coma a mafia nos peiraos de Nova York).
Demagóxico é defender aos autores sen dicir como, sen contar como se reparten os cuartos, sen explicitar a que se dedica cada un dos chiringuitos que se montan, porque “prexudicaría os intereses dos asociados”.
Demagóxico é defender aos autores á forza, aínda que estes non queiran.
E, con respecto ao de onte (e esta é unha apreciación individual de servidor, Martin Wu), tamén é bastante demagóxico ir de rojeras e dar leccións de patriotismo barato e logo facerlle o xogo a esta tropa.

16 comments
Comments feed for this article
Xaneiro 18, 2008 at 1:44 pm
pedreira
De desculpas nada, as cousas como som. Parabéns e avante coa cultura livre!!
Xaneiro 18, 2008 at 3:25 pm
homem
Así é falar. Teddy Bautista está na verza
Xaneiro 18, 2008 at 9:07 pm
chuza.org
A demagoxia da SGAE, segundo The Homens
Un dos grupos galegos de máis éxito nos últimos tempos retrúcalle a Eduardo Bautista o comentario, feito en Compostela, sobre «demagogia de los que piden que sea libre; podrá serlo cuando el pan o las medicinas que los autores también tienen qu…
Xaneiro 19, 2008 at 3:19 pm
Trasancos
Onde hai que firmar??
Xaneiro 19, 2008 at 5:32 pm
elianinha
Eu tamén o subscribo ao 100% (con particular énfase na última afirmación de demagoxia).
Brillante
Xaneiro 19, 2008 at 7:56 pm
kate
Brillantísimo, coma sempre!
Xaneiro 20, 2008 at 10:17 pm
calidonia
O demo os eSGAnE!
Xaneiro 21, 2008 at 3:34 am
Mario
Do máis intelixente e clariño que tiño lido sobre o tema.
(Deberíamos facer unha ONG para levarlle aspirinas a Teddy Bautista, vainas precisar.)
Xaneiro 21, 2008 at 7:23 am
arale
Avergoñame dicir que nunca antes pasara por eiqui, mais disque nunca e tarde. Suscribo totalmente o post; brillante e diáfano, quen non entende e por que non quere.
Xaneiro 22, 2008 at 11:43 am
ZIMMER103
Get On Your Knees!! ise desgraciado pensa que imos ter que seguir axeonllándonos diante del toda a puta vida, o cannon da pistola pola boca e disparo a bocaxarro para que o sangue vermello marche os posters dos supervendas!!
Xaneiro 22, 2008 at 11:59 am
cheko_bejbel
Pois eu penso que Teddy deu no quid da assumto. Porque a questom de fundo é um modelo económico onde pam, música e medicinas sejam livres e os seus criadores podam viver disso dignamente. O resto som e vam ser remendos. A ver os rojeras…
Xaneiro 22, 2008 at 7:06 pm
thehomens
Premio para bejbel!
Gracias a todos!
Zimmer, os Larders non facían unha versión do Free yourself? :p
Xaneiro 23, 2008 at 3:36 pm
arredista
Parabens polo post,e do melhorcinho q lim sobre o tema da SGAE.
Xaneiro 23, 2008 at 9:19 pm
ak
plas plas plas (aplausos) deches no cravo meu
igual que hai loiras de bote hai rojos de bote
apertas
Xaneiro 24, 2008 at 1:28 pm
OURICEIRA » Power pop e intelixencia | Power pop i inteligència
[...] Non hai máis que ver como poden sacarlle tanto xugo a un concepto tan exprimido como é a demagoxia. Ou as súas declaracións no documental Linguas [...]
Xaneiro 29, 2008 at 8:41 am
Prosciutto
Subscrevo 100% e lamento nom ter podido ir à cacerolada.