You are currently browsing the monthly archive for Novembro, 2007.
Patrón, tíralle do aire á carriña que esta fin de semana volvermos á ruta!
Despois de tocarmos na Festa Major da Universitat Autónoma de Barcelona e de facer visitas varias por Sant Feliu, despois de termos visto varios concertos de marca, ben ilustrativos e proveitosos, The Homens estaremos esta fin de semana en Carballo (outra vez, e que sexan moitas máis!) e en Vigo (teloneando, coma sempre, aos Zarpaelamor DJs, joieux anniversaire!!!).
Vémonos!
THE HOMENS + Sizo
30 de novembro, 23 horas, 6 euros. Sala A Reserva, Carballo.
THE HOMENS + Zarpaelamor DJs.
1 de decembro. Sala Fábrica de Chocolate, Vigo.
Despois dun par de semanas de infarto, da desaparición dun post (gracias a todas e a todos os que fostes o outro día á Nasa, crónicas aquí, acó, acolá e nalgún sitio máis, disculpas para os esquecidos na lista de agradecementos, era basicamente o que puña), repasamos o que pasou nos últimos días, ok?
1. Videoclip. Si, vencendo a resistencia numantina dalgúns, The Homens estamos gravando por fin o videoclip de Calamar. Despois de pasar unha tarde facendo o canelo en Pontevedra (ver a imaxe que acompaña este post), o asunto está nas mans de Roi Fernández (o que é bo chaval, non o que toca o baixo en The Homens) e Isaac Cordal, aos que lles queda o duro traballo de ilustrar a dura peripecia de tres tipos raiados caendo por un desaugue abaixo.
2. Catalunya. Unha fin de semana a cabalo entre Barcelona (tocamos na Festa Major da Universitat Autónoma) e Sant Feliu de Guíxols (onde corren lendas sobre els gallecs comedores de suquet), transcribimos a crónica de Roi (o que toca o baixo en The Homens, non o serio) ao respecto:
“Highlights e lowpoints da recente excursión catalana
HIGHLIGHTS
1. Coñecer e traballar con Ramón, gran tipo, plusmarquista na especialidade de “probas a toda hostia baixo un sol de xustiza” e poseedor dun anecdotario musical inesgotable
2. O bocata de xamón que nos derron no Hotel San Pancraç á unha da mañá (sen comida e sen cerveza os Homens perden a cabeza) despois de perdernos inumerables veces nas inmediacións da Universidade Autónoma, esa metrópole
3. O ambientazo da UAB en festas
4. O ben que nos trataron Sonia, Paulo, Jon e compañía
5. Convencer a estes para ir ver a Wilco
6. O imposiblemente bos que son Wilco en directo
7. O guapas que son as camisetas da xira de Wilco
8. Poder escoitar os temazos que están grabando Jeremy Enigk e Vizctor García nos Ultramarinos Costa Brava
9. Ver de novo a Victor, Tule, Berta, Ernest e Toni di Moni
10. Os bolets, o suquet, o Viña Esmeralda e o Bonet de Cau del Pescador
11. Emborracharse de novo con Victor, Tule, Berta, Ernest e Toni di Moni
12. O menu vexetariano do Tritón despois dun paseo pola praia de Sant Feliu
13. Os paseos por Barcelona
14. O ático de Marta e de Aritz no Born
15. O ben que cociña Aritz e o ben que nos trata Marta no Euskal Etxea
16. Chegar coas guitarras intactas a Lavacolla
LOWPOINTS
1. Non ver a Santi García
2. Non poder comer con Santi García
3. Ter 31 anos e non saber beber
4. Ter 31 anos e non saber que o Almax é indispensable en calquera desprazamento dos Homens
5. O Rabas de Euskal Etxea
6. A aterraxe en Lavacolla e as aterraxes en xeral”
Nota discordante do webmaster: o Rabas do Euskal Etxea foi un dos puntos máis brutales e inesquecibles da fin de semana…

Foto: Ramón Leiro
